Cotogrande celebra unha nova vitoria do Senior, que xa é líder.

2 de novembro de 2026

O Senior dá un golpe de autoridade , golea 7-0 a gondomar f.b.

A U.D. Santa Mariña asinou este domingo unha contundente vitoria por 7-0 ante o Gondomar F.B. en Cotogrande, nun encontro correspondente á sétima xornada de Segunda Futgal (Vigo), que permite ao conxunto vermello situarse como líder da competición.


O equipo saíu decidido a levar o peso do partido e axiña atopou recompensa. Javier Romero abriu o marcador no minuto 2 e, a partir de aí, apareceu a figura de Aimar González, protagonista indiscutible da tarde cunha actuación sobresaliente. O dianteiro asinou catro tantos (11', 18', 19' e 31'), demostrando unha vez máis a súa capacidade goleadora e o seu peso no xogo ofensivo do equipo.


Iago Martínez, no minuto 30, e Hugo Lobato, no 37, completaron a goleada nunha primeira metade na que o Santa Mariña deixou o encontro encamiñado cun contundente 7-0. Todos os tantos chegaron antes do descanso.


Máis alá do resultado, os tres puntos teñen un valor especial na clasificación. A vitoria permite ao Senior colocarse no primeiro posto, con dous puntos de vantaxe sobre o Celta 360, segundo clasificado.


Comezamos a semana no máis alto, pero o camiño continúa. O equipo afronta agora o reto de seguir traballando coa mesma ambición, compromiso e intensidade para defender un liderado que é froito do esforzo colectivo.



Semente Vermella. ❤️

U.D. Santa Mariña

18 de outubro de 2026
O conxunto de Álvaro Soto impúxose por 6-0 en Cotogrande e sitúase no máis alto da táboa, empatado a puntos co Celta 360.
23 de setembro de 2026
COIDAR, PREVIR E RECUPERAR.
22 de setembro de 2026
o sénior estrea o camiño das  victorias con un hat-trick de aimar
Por Jonathan Pereira Rodriguez • 17 de setembro de 2026
Novo deparmatemto de metodoloxía, Unha ferramenta para o desenvolvemento dos nosos xogadores e adestradores.
13 de setembro de 2026
 O sénior competiu ata o final e recortou distancias na segunda metade, pero non puido evitar a derrota.
30 de xullo de 2026
benvídos a tempada 2026 -2027
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco • 7 de maio de 2025
Previa de infarto en Cotogrande
1 de maio de 2025
1º EDICIÓN - CAMPUS SEMENTE VERMELLA
30 de decembro de 2024
SOMOS DONOS DO NADAL - 6 trofeos traémonos a Cotogrande