O Primeiro triunfo queda en Cotogrande

22 de setembro de 2026

o sénior estrea o camiño das victorias con un hat-trick de aimar

A U.D. Santa Mariña impúxose por 3-0 ao A.D. Lavadores na segunda xornada de liga, nun encontro no que Aimar foi o gran protagonista cun hat-trick.


O Sénior da U.D. Santa Mariña xa sabe o que é gañar nesta nova tempada. E fíxoo en casa, en Cotogrande, diante da súa xente e cunha actuación que deixa tres puntos no casilleiro e un nome propio: Aimar.


O encontro ante o A.D. Lavadores chegou á súa recta final sen que ningún dos dous equipos conseguise mover o marcador. Foi entón cando apareceu o noso dianteiro para abrir o camiño da vitoria.


No 55', Aimar asinou o 1-0 e puxo por diante ao Santa Mariña.


O equipo soubo manter a vantaxe ata os últimos minutos, cando Aimar volvería ser decisivo. No 80', o segundo. E apenas dous minutos despois, no 82', completaba o seu hat-trick para poñer o definitivo 3-0 no marcador.


Tres goles, tres puntos e unha tarde para lembrar. Especialmente para Aimar, que continúa escribindo a súa historia no club agora na categoría Sénior, despois de tantos anos defendendo a camiseta da U.D. Santa Mariña.


Unha vitoria que confirma o traballo dun equipo que segue dando pasos nesta nova tempada e que permite ao Sénior sumar os seus primeiros tres puntos da competición.


Cotogrande volve celebrar.


E o noso Sénior, tamén.


🔴🔵 U.D. Santa Mariña | Semente Vermella

U.D. Santa Mariña 3-0 A.D. Lavadores

⚽ Aimar 55'
⚽ Aimar 80'
⚽ Aimar 82'




U.D. Santa Mariña

12 de novembro de 2026
O noso Senior buscará este domingo en Cotogrande a súa sexta vitoria consecutiva para seguir á fronte da clasificación da Segunda Futgal.
2 de novembro de 2026
O Senior dá un golpe de autoridade , golea 7-0 a gondomar f.b.
18 de outubro de 2026
O conxunto de Álvaro Soto impúxose por 6-0 en Cotogrande e sitúase no máis alto da táboa, empatado a puntos co Celta 360.
23 de setembro de 2026
COIDAR, PREVIR E RECUPERAR.
Por Jonathan Pereira Rodriguez • 17 de setembro de 2026
Novo deparmatemto de metodoloxía, Unha ferramenta para o desenvolvemento dos nosos xogadores e adestradores.
13 de setembro de 2026
 O sénior competiu ata o final e recortou distancias na segunda metade, pero non puido evitar a derrota.
30 de xullo de 2026
benvídos a tempada 2026 -2027
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco • 7 de maio de 2025
Previa de infarto en Cotogrande
1 de maio de 2025
1º EDICIÓN - CAMPUS SEMENTE VERMELLA