COIDAR, PREVIR E RECUPERAR.
COIDAR, PREVIR E RECUPERAR.

No fútbol base, o desenvolvemento dun xogador vai moito máis alá do terreo de xogo.
En U.D. Santa Mariña apostamos por un equipo de traballo que pon a saúde, a prevención e a condición física dos nosos xogadores no centro.
🩺 Sindo · Fisioterapeuta
🏃♂️ Yelco · Preparador físico
Dous departamentos que traballan de maneira coordinada para previr lesións, mellorar o rendemento físico e acompañar aos nosos xogadores nos seus procesos de recuperación.
Porque a prevención tamén forma parte da formación.
E porque cando fisioterapia e preparación física traballan da man, conseguimos ofrecer aos nosos xogadores un seguimento máis completo, individualizado e orientado ao seu desenvolvemento.
🔴🔵 Coidar hoxe para seguir medrando mañá.








