Inicio Pretempada U.D. Santa Mariña - Equipos de Fútbol 11

30 de xullo de 2026

benvídos a tempada 2026 -2027

A U.D. Santa Mariña pon en marcha a tempada 2026-2027


A U.D. Santa Mariña xa está preparada para iniciar unha nova tempada cargada de ilusión, traballo e novos retos. O club dá a benvida á campaña 2026-2027, un curso no que centos de xogadores e xogadoras volverán vestir con orgullo as cores vermella e azul para continuar medrando dentro e fóra do terreo de xogo.


A pretempada de Fútbol 11 marcará o punto de partida dun novo ano de aprendizaxe, compromiso e competitividade, mantendo intacta a filosofía que identifica á nosa entidade desde hai case oito décadas: formar persoas e futbolistas baixo o espírito da nosa Semente Vermella.


O calendario de incorporación dos equipos será o seguinte:


 Luns 3 de agosto


  • Infantil A - 19:30h
  • Infantil B - 19:30h
  • Senior - 21:30h


Martes 4 de agosto


  • Cadete A - 19:30h
  • Cadete B - 19:30h 
  • Cadete C - 19:30h
  • Xuvenil A - 19:30h
  • Xuvenil B - 19:30h


Luns 10 de agosto


  • Infantil C - 19:30h


Durante as próximas semanas, os diferentes equipos comezarán a preparar unha tempada apaixonante, combinando adestramentos, encontros amigables e o traballo necesario para chegar nas mellores condicións ao inicio das competicións oficiais.


Pola súa banda, nos próximos días daranse a coñecer as datas de inicio dos adestramentos das categorías de Fútbol 8, para que xogadores, familias e afección poidan organizar o comezo da nova campaña.


Desde a U.D. Santa Mariña queremos dar a benvida a todos os xogadores, familias, adestradores, coordinadores, voluntarios e afección que forman parte desta gran familia. O voso compromiso e apoio son fundamentais para seguir facendo crecer este proxecto deportivo e humano.


Comeza unha nova historia. Comeza unha nova tempada.


Benvidos á tempada 2026-2027.


Semente Vermella. ❤️🤍

U.D. Santa Mariña

18 de outubro de 2026
O conxunto de Álvaro Soto impúxose por 6-0 en Cotogrande e sitúase no máis alto da táboa, empatado a puntos co Celta 360.
23 de setembro de 2026
COIDAR, PREVIR E RECUPERAR.
22 de setembro de 2026
o sénior estrea o camiño das  victorias con un hat-trick de aimar
Por Jonathan Pereira Rodriguez • 17 de setembro de 2026
Novo deparmatemto de metodoloxía, Unha ferramenta para o desenvolvemento dos nosos xogadores e adestradores.
13 de setembro de 2026
 O sénior competiu ata o final e recortou distancias na segunda metade, pero non puido evitar a derrota.
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco • 7 de maio de 2025
Previa de infarto en Cotogrande
1 de maio de 2025
1º EDICIÓN - CAMPUS SEMENTE VERMELLA
30 de decembro de 2024
SOMOS DONOS DO NADAL - 6 trofeos traémonos a Cotogrande
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco • 20 de xuño de 2024
Benxamin C vence ao Val Miñor 2 -0 e gaña a Copa, mantendo o seu ritmo gañador.