CADETE A, a un paso do ascenso a División de Honra.

2 de xuño de 2024

Un 4-0 inesquecible en Cotogrande.

CADETE A TEMPORADA 23/24

Hoxe noso equipo Cadete A recibiu en Cotogrande ao Bertamirans B.F.C., club que se clasificou á final tras saír vitorioso da eliminatoria ante o Pontevedra C.F.

Esperábase un partido complicado, quizá evocando as pantasmas da tempada pasada, na que non foi favorable a semifinal, contra un Bertamirans que nos levou á quenda de penaltis e cubriu unha a praza finalista sen lograr o éxito.


Nunha festa entre afeccións que enchían as bancadas das nosas instalacións en Cabral, o colexiado Juan Luis Davila Fernández , ordenaba iniciar o partido e abriuse  o pano do que seria unha obra de arte en formato fútbol protagonizada polos 16 convocados de David (Pelón), adestrador do Cadete A.


Ao minuto 12, Pablo Pires ,marcou o 1-0 que cambiaba o marcador para dar un paso adiante para o noso equipo. 3 minutos máis tarde (15') sen que o bertamirans asimilase o primeiro gol encaixado, unha definición maxistral de Manuel Álvarez aumentaba a distancia no resultado, asi como a ilusión de levar un marcador moi a favor ao partido de volta.


Sen perigo de que os aurinegros achegásense e mantendo a posesión do balón, mantívose o resultado ata o descanso. Tras regresar dos vestiarios, o Bertamirans empezou con forza a exercer presión no noso campo tentando xerar ocasións que Raúl co seu potencial xogo aéreo soubo controlar apoiado por unha defensa férrea que loitou cada balón próximo a porteria. Sen deixar atrás a excepcional participación na porteria de Mauro.


O terceiro gol chego ao minuto 73' , ocasión que aproveito Gerard Álvarez que deixou o balón no fondo da rede. Gerard o teu gol fíxonos tolear e enchernos de esperanza!


E novamente, sen respiro sen deixar pasar moito tempo, sen dar marxe de reacción, MAXIMILIAM sentenciou o 4-0 que nos levará ao partido de volta cun resultado moi a favor.


O traballo do partido de ida fíxose, demos un paso firme e importante, pero isto non queda aquí, queda un reto máis, hai que seguir traballando, e dar ese último esforzo que nos fará lograr o obxectivo, volver ao lugar que nos pertence en DIVISIÓN DE HONRA!


SOMOS U.D. SANTA MARIÑA, SOMOS SEMENTE VERMELLA!





U.D. Santa Mariña

18 de setembro de 2025
O UD Santa Mariña súmase ao proxecto Save Football: compromiso co fútbol base e coa formación en valores
2 de xullo de 2025
Presentación Oficial Corpo Técnico Equipo senior
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 7 de maio de 2025
Previa de infarto en Cotogrande
1 de maio de 2025
1º EDICIÓN - CAMPUS SEMENTE VERMELLA
30 de decembro de 2024
SOMOS DONOS DO NADAL - 6 trofeos traémonos a Cotogrande
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 20 de xuño de 2024
Benxamin C vence ao Val Miñor 2 -0 e gaña a Copa, mantendo o seu ritmo gañador. 
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 11 de xuño de 2024
Non cho perdas! Veñan a compartir, gozar e celebrar connosco.
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 9 de xuño de 2024
Coa eliminatoria 8-3 a favor, o noso equipo asina o soño do acenso.
Por Jonathan Pereira Rodriguez 7 de marzo de 2024
Un gran logro e unha experiencia inesquecible.
Por Francis Luque 9 de febreiro de 2024
¿ QUE ES LO MEJOR PARA LOS NIÑOS QUE PRACTICAN EL FÚTBOL BASE?