David Álvarez, mellor coñecido no club como Pelón, será o segundo adestrador e tamén ten un longo percorrido nas categorías inferiores do club, onde dirixe o Cadete "A" dende os seus inicios.
A súa implicación co club e o seu coñecemento das categorías de formación son fundamentais para o desenvolvemento e a proxección dos xogadores máis novos.