O UD Santa Mariña súmase ao proxecto Save Football: compromiso co fútbol base e coa formación en valores.

18 de setembro de 2025

O UD Santa Mariña súmase ao proxecto Save Football: compromiso co fútbol base e coa formación en valores

Desde o UD Santa Mariña temos a satisfacción de anunciar que o noso club se uniu a SAVE FOOTBALL, o primeiro selo de calidade que busca crear unha gran Comunidade Educativa a través do fútbol base. Esta adhesión supón un paso máis no noso compromiso non só co rendemento deportivo, senón tamén coa formación humana de todos os que formamos parte do club.


Que é SAVE FOOTBALL?

SAVE FOOTBALL nace coa misión de transformar o fútbol base nunha ferramenta de cambio social, promovendo unha educación en valores que sirva de base para a sociedade do futuro. O seu obxectivo é claro: situar a España como un país pioneiro e referente na protección do menor e na formación integral de todos os axentes do fútbol, de cara ao Mundial 2030.


Que achega este proxecto ao noso club?

Grazas a esta colaboración, o UD Santa Mariña contará con formación continua e integral tanto para pais como para adestradores, ofrecendo ferramentas prácticas e de calidade para construír un entorno máis san, empático e responsable.


Para os pais:

  • Concienciación e autocrítica sobre o comportamento na bancada.
  • Respecto e empatía cara o labor dos adestradores e do club.
  • Ferramentas para acompañar mellor aos nenos no seu desenvolvemento emocional: xestión da frustración, expectativas, conflitos, etc.


Para os adestradores:

  • Ferramentas para liderar con calidade humana.
  • Autocrítica e reflexión sobre o seu papel como líderes.
  • Protocolos de actuación ante casos de racismo, acoso escolar (bullying) e outras situacións.



No UD Santa Mariña cremos firmemente que o fútbol é moito máis ca un deporte: é unha ferramenta educativa e transformadora. Por iso, estamos orgullosos de formar parte de SAVE FOOTBALL e de contribuír a un modelo máis humanista e comprometido cos nosos nenos e nenas.

¡Seguimos medrando, dentro e fóra do campo!

U.D. Santa Mariña

2 de xullo de 2025
Presentación Oficial Corpo Técnico Equipo senior
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 7 de maio de 2025
Previa de infarto en Cotogrande
1 de maio de 2025
1º EDICIÓN - CAMPUS SEMENTE VERMELLA
30 de decembro de 2024
SOMOS DONOS DO NADAL - 6 trofeos traémonos a Cotogrande
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 20 de xuño de 2024
Benxamin C vence ao Val Miñor 2 -0 e gaña a Copa, mantendo o seu ritmo gañador. 
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 11 de xuño de 2024
Non cho perdas! Veñan a compartir, gozar e celebrar connosco.
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 9 de xuño de 2024
Coa eliminatoria 8-3 a favor, o noso equipo asina o soño do acenso.
Por Freddy Jesus Caraballo Blanco 2 de xuño de 2024
Un 4-0 inesquecible en Cotogrande.
Por Jonathan Pereira Rodriguez 7 de marzo de 2024
Un gran logro e unha experiencia inesquecible.
Por Francis Luque 9 de febreiro de 2024
¿ QUE ES LO MEJOR PARA LOS NIÑOS QUE PRACTICAN EL FÚTBOL BASE?