inauguración campo pequeno e vestiarios

6 de Outubo 2010

 
Se en 2007 a inauguración do primeiro campo foi un gran despregamento de medios, esta foi moito mais austera por parte dos patrocinadores, maldita crise.
 
Como as autoridades atrasáronse un pouco, aproveitamos para facer unhas fotos de parte dos nosos xogadores, faltaron á cita sobre todo cadetes e xuvenís.
 
Tamén fixemos fotos dos novos vestiarios que logo de case 4 anos finalizáronse e do protagonista principal desta cita para a nosa historia, o novo campo.
 

Situado a continuación dos existentes, consta de dous vestiarios para xogadores, un para árbitros e un baño de señoras e minusválidos.
 
O campo de fútbol ten unha superficie de xogo de 92x64 m, e como podedes ver inclúe dous campos regulamentarios de fútbol 7
   

Nas bancadas agardaban os xogadores con impaciencia que a cerimonia comezase
   
E a sesión fotográfica comezou

minibenxamíns prebenxamíns 1º prebenxamíns 2º benxamíns 1º
benxamíns 2º alevíns 1º alevíns 2º infantís 1º
infantís 2º xuvenís (e algún cadete)
foto de familia de todos os xogadores presentes
 

Antes de nada, cambio de impresións entre directivos e autoridades.
 

e comezou a quenda de pequenos discursos onde se salientou por parte do Tenente de Alcalde así como do Concelleiro de Deportes o traballo realizado pola Directiva e o sacrificio dos pais en preocuparse na saúde deportiva dos seus fillos, que repercutirá de modo positivo na súa educación

         
   
Agradecer ao Tenente de Alcalde, D. Santiago Domínguez, ao Concelleiro de Deportes, D. Xabier Alonso, a súa implicación neste proxecto que esperemos teña a súa continuación na construción dun campo de fútbol 7 nos terreos que xa temos preparados.
Tamén agradecer á xunta directiva da Xunta de Montes de Cabral que encabezada polo seu presidente D. Luís Rodríguez deunos o seu apoio unha vez máis. Non nos queremos esquecer tamén do Delegado da F.G.F. D. Enrique que nos honrou coa súa presenza.
E como non a todos os presentes (pais, avós, etc.) que sen eles todo isto non sería posible.
 
Texto e Fotos: Pedro Gallego Arroyo (Cotogrande, 6 Outubro 2010)