
 |
Nunha tarde calurosa propia dun día casi máis de verán que de comezo do
outono, presentouse en sociedade o libro do noso querido amigo Chema
ante o numeroso público que se achegou ata o noso campo de fútbol. |
|
 |
| |
 |
| |
Despois do acto de presentación dos membros que presidían a mesa por
parte do actual presidente Xosé Carlos “Chato” − antigos presidentes,
autoridades do Concello de Vigo e membros de diferentes asociacións de
veciños de Cabral – comezou a cerimonia cun prólogo do Director de
Edicións Xerais D. Manuel Bragado adicado ó fútbol modesto en xeral, e a
U. D. Santa Mariña en particular. |
| |
 |
| |
A continuación, falou o Sr. Fernández Trigo, que
foi lembrando un por un a quen máis colaborou na súa andaina, como o
presidente da U. D. Santa Mariña.
O momento máis emocionante do acto que fixo
asomar algunha bágoa pola grada foi o reencontro entre o Sr. Fernández
Trigo e Formoso, xogador infantil da súa época que tivo que emigrar a
EE. UU. con 15 anos, destacando despois no Cosmos de Nova York con
figuras como Pelé, Beckenbauer, etc.
|
 |
| |
 |
Tamén tivo o seu momento o ex-Presidente D. Humberto Gómez, que arengou
contra as críticas destructivas que se estenden por certos sectores de
moita influencia da parroquia de Cabral.
|
| |
Xa para rematar, o noso amigo Chema manifestou o seu agradecemento a
tódolos presentes por acudir ó evento, así como a todos os que
colaboraron para facer posible a publicación do libro que nos reunía en
Cotogrande. |
| |
|
 |
A
continuación, demos comezo ó segundo acto do día no local de oficinas:
unha homenaxe a D. José Vilaboa, máis coñecido no mundo futbolístico
como 'Hío'. |
|
Este home, que está no clube desde os 15 anos (polo tanto son case 60 os
adicados á súa paixón: o fútbol). Estivo de xogador, entrenador,
directivo, e fixo practicamente de todo por sacar adiante a esta
entidade que agora llo quere agradecer ofrecéndolle esta merecida
homenaxe. |
| |
 |
| |
En primeiro lugar prodeceuse a descobrir a placa de granito no edificio
de oficinas do clube e a continuación unha parella de xogadores
obsequiou á muller do homenaxeado cun ramo de flores e posar coa sua
familia para a posterirdade. |
| |
|
| |
 |
| |
Despois foron os equipos onde militou os que lle fixeron entrega das
súas lembranzas, Choco, Gran Peña, Rápido de Bouzas etc. Os
representantes do Concello tamén lle entregaron o seu presente.
|
| |
 |
 |
 |
 |
| |
Humberto, que non quixo ser menos
en agradecemento pola súa estreita colaboración de moitísimos anos. |
| |
 |
| |
Logo das fotos de rigor e xa dentro da oficina, Chema comezou a firma de
exemplares do seu libro mentres se desgustaba un viño galego á saúde do
homenaxeado e o novo escritor. |
| |
Xa para rematar, está programada unha cea homenaxe a Hío o próximo 24 de
outubro no Restaurante Seijo. Pasade pola oficina para máis información.
|
| |
|
| |
Grazas a todos por vir. |
| |
|
| |
fotos: Juan Gallego |
| |
texto:
Pedro Gallego |