Mini-Benxamín, Prebenxamín e Benxamín

(Fútbol 7)

 

Alevín (Fútbol Tenis)

 

8, Abril, 2007

 

Tivemos que erguernos moi cedo o último día de vacacións de Semana Santa para asistir ó Torneo, que comezaba ás 9:00h.

Por primeira vez organizabamos un en formato de tres categorías (mini-benxamín, pre-benxamín e benxamín) polo que se congregaron tantos pais e familiares dos xogadores que o recinto deportivo e o aparcadoiro quedaron pequenos.

 

Había un total de quince equipos representando a catro clubes da comunidade autónoma:

  • E. F. B. Moañesa
  • Ponte Ourense
  • Rápido de Bouzas
  • U. D. Santa Mariña (A e B)

 
ora de comer e os nosos equipos escolleron a grada (moi boa idea) para facelo
 
Tamén sinalar a novidade da competición (a modo de proba) destes catro clubes no torneo de fútbol-tenis para categoría alevín, que, ó noso entender, resultou todo un éxito, polo que pensaremos facer un máis amplio no futuro e mesmo noutras categorías.

A competición desenvolveuse no sistema liga á volta, sendos resultados:
 

 

Se o día tivo momentos de sol resplandecente, a última hora choveu insistentemente, polo que o sorteo dunha bicicleta organizado polos pais e a entrega de trofeos, foron pasados por auga.

Á entrega de trofeos e en representación do Concello de Vigo asistiu Dña. Marisol Polo, Concelleira de Distrito, presencia que agradecemos.
Houbo medallas para os participantes e trofeos para os equipos, que se foron retirando para posar para a posteridade:

Agradecer a participación para dos clubes E. F. B. Moañesa, Rápido de Bouzas e Ponte Ourense, a tódolos familiares e dos xogadores que animaron con gran deportividade, ós árbitros que participaron no evento e a todos os que, co seu apoio, levaron á realidade a este torneo.

 

Tamén á Concellalía de Deportes do Concello de Vigo e ós pais da U. D. Santa Mariña (capitaneados por Carrera). que sen eles tería sido imposible celebrar este I Torneo de Semana Santa.
 
Fotos: Antonio Cifuentes y Manuel Carrera
Testo: Pedro