|
|
| 25/02/2007. Inauguración do novo campo de céspede artificial | |
![]() |
|
|
Desde hai 6 meses todos esperabamos con grande ansiedade este día, amenceu cuberto e temimos que a chuvia deslucise o acto de inauguración, pero afortunadamente a medida que se achegaba a hora foi despexando e trouxo un día entre sol e nubes, cunha temperatura moi agradable. |
|
|
Achegábase a hora e as instalacións de Cotogrande quedaban pequenas pola grande afluencia de xogadores e ex-xogadores, pais, socios, simpatizantes, etc. |
|
|
As autoridades foron moi puntuales, sobre as 13:00 xa chegaran todos. Honrábannos coa súa presencia Dna. Corina Porro Martínez, Alcaldesa de Vigo, Dna. Lucía Molares Pérez, Promoción económica e desenvolvemento local do Concello de Vigo, D. José Louzan Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra y D. José Manuel Figueroa Vila, Concelleiro de Urbanismo e Medioambiente do Concello de Vigo, ademáis de numerosos representantes da parroquia de Cabral, asociación de veciños, Xunta de Montes, membros das empresas que realizaron a obra, etc. |
|
![]() |
|
|
Previamente á cerimonia do descubrimento da placa, asistimos a dúas pezas musicais interpretadas polo Grupo de Gaitas “Xaraiba” de Cabral.
|
![]() |
|
A Sra. Alcaldesa foi a encargada de descubrir a placa conmemorativa para dar paso ó lanzamento das doce bombas de palenque.
|
![]() |
![]() |
A continuación foi a Banda de Música da AA.VV. de Cabral a que amenizou o acto, para dar paso ós discursos de rigor.
|
|
|
|
![]() |
|
|
Primeiro, foi o noso presidente D. Xosé C. Blanco Crespo “Chato” que despois de agradecer a asistencia do público e ós políticos pola inversión realizada neste campo, matizou ós presentes a obra pendente e aprobada polo Concello dos novos vestiarios, tamén que esta inversión non quedara aquí neste campo que hoxe inauguramos, senon que se estendese ó outro que temos para así completar unhas instalacións de primerio nivel y acordes cos tempos. |
|
|
Propuestas que foron acollidas con grande entusiasmo do público na grada e arredor do campo. |
|
![]() |
|
|
A continuación, foi o Presidente da Diputación, o Sr. Louzao, quen enfatizou a labor que se está a facer en toda a provincia e en particular no Concello de Vigo no que se refire ás dotacións deportivas dedicadas ó fútbol base para poder poñer á provincia de Pontevedra no 1º lugar a nivel nacional en instalacións deste tipo. |
|
![]() |
|
|
Por último, a Alcaldesa Dna. Corina Porro, remontándose á visita que realizara anos atrás onde lle quedara gravada a imaxe dos nosos xogadores máis pequenos sobre o pesado terreo que tiñamos, e na que se propuxo a realización do campo que hoxe e unha realidade. |
|
|
Como contestación ó noso Presidente, confirmou que os vestiarios están aprobados desde hai tempo e que dentro dun ano nos veriamos aquí facendo o mesmo co outro campo. |
|
|
A reacción do público a estas verbas non se fixo esperar e sonou unha tremenda ovación de aprobación a este derradeiro comentario da Sra. Alcaldesa. |
|
|
Terminados os discursos sonou o himno galego interpretado pola banda (que por certo sonaba moi ben), dando paso ó intercambio de recordos, primeiramente catro membros dos máis pequenos e pequenas do clube entregaron as placas conmemorativas e os ramos de flores pertinentes, de seguido foi á entrega por parte das Autoridades presentes do material deportivo a xogadores e entrenadores (unha magnífica bolsa de deportes, un balón e máis unha camiseta) |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Sonou a banda de novo amenizando estes momentos felices para todos, para a Directiva polo logro conseguido, para os políticos por ver unha das súas promesas cumpridas, para os xogadores polos regalos recibidos e o magnífico campo que van disfrutar dende este momento. |
|
![]() |
|
|
Despois a Directiva, Corpo Técnico e Autoridades pasaron ó local do Clube a degustar unha magnífica empanada co seu correspondente viño galego, para terminar aproximadamente sobre as 14:30 h. |
|
|
No nome desta Directiva e no meu propio querería agradecer a todos os asistentes a súa presencia neste día tan especial para tódolos membros da U. D. Santa Mariña que esperemos se repita en nun ano. |
|
| + fotos | |
|
Fotos: Manuel Carrera Texto: Pedro Gallego Cotogrande, 25 de Febreiro, 2007 |
|
|
|