U.D. Santa Mariña
Letras Galegas
VIII Torneo de Fútbol-Base Escolar "A7"
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
Somos especialistas en equipacions deportivas |
Concello de Vigo |
Comunidade de Montes de Cabral |
|||
|
Rúa Urzaiz, 11-VIGO |
Begano, S.A. |
Concellería Deportes |
A Xunta Directiva da U.D. Santa Mariña ten o pracer de dirixirse a Vostedes, para facerlles chegar a invitación de participar no xa clásico VIII Torneo de Fútbol-Base Escolar "A7", que a nosa entidade ven celebrando tódo-los anos co gallo do Día das Letras Galegas.
Dito evento levarase a cabo o vindeiro Sábado 31 de Maio de xeito ininterrumpido dende as nove da mañan nas nosas instalacións de Cotogrande.
A nosa intención e que nesa xornada se xunten un bo número de rapaces, pais e tutores e disfruten da práctica de fútbol, e que coñezan o noso clube como o fan xa os mais de douscentos nenos que nos representan en competicións oficiais.
As categorías nas que se poderá tomar parte son:
Prebenxamín, nados nos anos 1995 e 1996
Benxamín, nados nos anos 1993 e 1994
Alevín, nados nos anos 1991 e 1992
Infantil, nados nos anos 1989 e 1990
Data de Celebración: O Torneo levarase a cabo o Sábado 31 de Maio 2003 dun xeito continuado dende as 9:00 horas, debido a nor dispor o Clube de instalacions para poderse celebrar o 17 de Maio propio día das Letras Galegas.
Prazo de inscripción: Os equipos invitados poderán confirma-la sua asistencia ate o día 26 de Maio as 22:00 horas, mediante carta, fax, e-mail ou teléfono ao local do Clube :
Rúa Mestre Alfredo González, s/nº - Campo de Fútbol
Instalaciones Deportivas: Os partidos disputaranse nos nosos Campos de Cotogrande-Cabral (autobus Vitrasa nº 11, Subida a Igrexa de Cabral).
Listado do Xogadores e Uniformidade: Os equipos participantes deben cubrir un listado de xogadores do Colexio, que presentaran o torneo por categorías, onde figure o Nome, Apelidos, Data de Nacemento, Enderezo e Teléfono. Deberán asi mesmo definir a sua equipación para que a Organización dispoña de petos no caso de igualdade de cores de ambo-los dous equipos. O calzado aconsellable son botas de fútbol, con tacos de goma, se nos fora posibel zapatillas deportivas.
Duración dos partidos: Os partidos terán unha duración de 20 minutos.
Regras de xogo: As regras serán as mesmas do fútbol agas:
Areas: Delimitarase unha area a 13 m. a partires da liña de meta, soamente dentro dela existirá o fora de xogo. Toda falta interior condiderarase penalti a excepción do xogo perigoso e as faltas sen intencionalidade de perigo, que se executarán con barrera situada a 6 m. de distancia, no caso do penalti será executado a 9 m. da liña de meta.
O saque de porta realizarase dende unha liña paralela a portería situada a 6 m.
Faltas e incorreccions: Toda-las faltas serán directas. O Arbitro poderá excluir a un xogador por comportamiento antideportivo con 2 minutos de expulsión e se reitera a expulsión será definitiva, este pode ser sustituido.
NOTA: A Organización resérvase o dereito a tomar resolucions que leven o bo desenrolo do torneo.