U.D. Santa Mariña // C.D. Cabral

 

 

VII Torneo de Fútbol-Base Escolar "A7"

Presentación

A Xunta Directiva da U.D. Santa Mariña ten o pracer de dirixirse a Vostedes, para facerlles chegar a invitación de participar no xa clásico VII Torneo de Fútbol-Base Escolar "A7", que a nosa entidade ven celebrando tódo-los anos co gallo do Día das Letras Galegas.

Dito evento levarase a cabo o vindeiro Venres 17 de Maio de xeito ininterrumpido dende as nove da mañan nas nosas instalacións de Cotogrande.

A nosa intención e que nesa xornada se xunten un bo número de rapaces, pais e tutores e disfruten da práctica de fútbol, e que coñezan o noso clube como o fan xa os mais de douscentos nenos que nos representan en competicións oficiais.

As categorías nas que se poderá tomar parte son:

Normas de Competición

Data de Celebración: O Torneo levarase a cabo o Venres 17 de Maio dun xeito continuado dende as 9:00 horas.

Prazo de inscripción: Os equipos invitados poderán confirma-la sua asistencia ate o día 12 de Maio as 22:00 horas, mediante carta, fax, e-mail ou teléfono ao local do Clube :

Rúa Mestre Alfredo González, s/nº - Campo de Fútbol

tfno/fax 986 685 514 (de 18:00 a 22:00) - e-mail: udsantamarina@navegalia.com

Instalaciones Deportivas: Os partidos disputaranse nos nosos Campos de Cotogrande-Cabral (autobus Vitrasa nº 11, Subida a Igrexa de Cabral).

Listado do Xogadores e Uniformidade: Os equipos participantes deben cubrir un listado de xogadores do Colexio, que presentaran o torneo por categorías, onde figure o Nome, Apelidos, Data de Nacemento, Enderezo e Teléfono. Deberán asi mesmo definir a sua equipación para que a Organización dispoña de petos no caso de igualdade de cores de ambo-los dous equipos. O calzado aconsellable son botas de fútbol, con tacos de goma, se nos fora posibel zapatillas deportivas.

Duración dos partidos: Os partidos terán unha duración de 20 minutos.

Regras de xogo: As regras serán as mesmas do fútbol agas:

Areas: Delimitarase unha area a 13 m. a partires da liña de meta, soamente dentro dela existirá o fora de xogo. Toda falta interior condiderarase penalti a excepción do xogo perigoso e as faltas sen intencionalidade de perigo, que se executarán con barrera situada a 6 m. de distancia, no caso do penalti será executado a 9 m. da liña de meta.

O saque de porta realizarase dende unha liña paralela a portería situada a 6 m.

Faltas e incorreccions: Toda-las faltas serán directas. O Arbitro poderá excluir a un xogador por comportamiento antideportivo con 2 minutos de expulsión e se reitera a expulsión será definitiva, este pode ser sustituido.

NOTA: A Organización resérvase o dereito a tomar resolucions que leven o bo desenrolo do torneo.

Resumo

Con un tempo axitado que motivou o retraso e duración dos partidos a 20 minutos, se celebrou o VII Torneo de Fútbol-Escolar "A7" con unha participación de 26 colexios que aportaron un total de 48 equipos con aproximadamente 450 xogadores, con unha duración aproximada do torneo en torno as 12 houras.

O total de partidos foi de 90 partidos xogados e foron arbitrados por 12 voluntarios da U.D. Santa Mariña.

Galería (pequena mostra dos equipos participantes). 

benxamin Amor de Dios

benxamín Bouza Brei

benxamín Dtor. Fleming 3ºA

benxamin C.P. Santa Mariña

benxamin Colexio Apóstol A

alevín Alborada

alevín Bouza Brei

alevín Miralba

alevín C.P. O Pombal

alevín Cabeiro

alevín C.P. Beade

alevín Vista Alegre

alevín C.P. Santa Mariña

infantil Vista Alegre (Rápido)

infantil Alexandre Bóveda

infantil N.S. da Esperanza

infantil Mariano

infantil Vicente Risco

Resultados

1er. clasificado

Martín Codax A

2º clasificado

Martín Codax B

3er. clasificado

Colexio Chans

1er. clasificado

Colexio Apóstol B

2º clasificado

Colexio Vista Alegre

3er. clasificado

Colexio Salesianos

1er. clasificado

C.P. Candeán

2º clasificado

Chouzo

3er. clasificado

Colexio Mariano

1er. clasificado

Colegio Vigo

2º clasificado

Martín Codax

3er. clasificado

San José da Guía

Prácticamente toda-las finais se resolveron desde o punto de penalty, excepto la final de alevins, isto indica a igualdade dos equipos participantes.

Trofeos

Trofeos donados polo Concello de Vigo, Seipol e Brais Sport e a colaboura da Xunta de Montes de Cabral, que lles agradecemos una vez mais.

We are the Champions ..... Campeooones, Campeooones, oé, oé, oé ...