|
Toma a Avenida Ramón Nieto (desde o Calvario).
Despois de aproximadamente dous kilómetros pásase fronte a antiga
factoría de Álvarez (que quedará á man dereita) e se chega á Ponte de
Cabral sobre o río Lagares (máis coñecida como “A Ponte”) |
Unha vez nesta saída, chegar ó stop, coller o cruce cara a esquerda en
dirección Cabral.
Baixar ata chegar á Ponte de Cabral (segundo semáforo) sobre o río
Lagares (más coñecida como “A Ponte”), á esquerda está o Mercado
Municipal de Cabral facendo esquina e aí tomar á esquerda. |
Tomando esta saída empezarase a descender. Pásase o Cemiterio e o
Colexio Marcote, á esquerda. Despois virán unha serie de curvas a
dereita e esquerda (coidado, bastante perigosas) e xa estaremos na
Avenida da Ponte. Pasaremos unha ponte e á altura do número 32 virá a
desviación (á dereita) para a Avenida Santa Mariña (está sinalizado
Campo de fútbol de Cotogrande só
para os que veñan en sentido oposto). |
|
Na Avenida de Santa Mariña, iniciar o ascenso, sempre recto, ata chegar
a AA. VV. de Cabral.
Alí no cruce tomar á esquerda (é unha curva bastante pechada).
Despois de pasar dun pequeno traxecto de curvas sen coller ningunha
desviación,
chegar a un alto (á altura do nº 102 da Avenida de Santa Mariña)
onde hai unha indicación (nun poste eléctrico á esquerda da calzada) de
‘Campo de Fútbol’.
Seguir cara a dereita onde empeza a rúa Mestre Alfredo González, subir
todo recto sen desviarse, pasar unha ponte sobre a autopista e á
esquerda están as nosas Instalacións Deportivas de Cotogrande. |