|
Historia
Cabral
aséntase nunha superficie de 8,72 kilómetros cadrados algo montañosos no
noroeste do termo municipal de Vigo.
Linda coas parroquias de Candeán ó norte, Lavadores ó oeste, Bembrive ó sul e co
Concello de Mos ó leste.
Cabral
caracterízase por ter sido o Concello con existencia máis efímera dos que
xurdiron nas proximidades de Vigo, e seguramente o máis descoñecido.
A primeira
referencia á parroquia data do 1156, nunhas partidas establecidas entre o
Cabildo da catedral e o Obispado de Tui. Do mesmo documento dedúcese que había
tres parroquias: San Miguel, San Pedro e Santa Mariña, que ó fin se fundiron
nunha soa baixo a denominación desta última.
O topónimo
deriva do latín capra, xunto co abudancial ale, o que significa
“lugar onde abundaban as cabras”.
Hai referencias
a esta parroquia no Diccionario Xeográfico de Pascual Madoz, onde se sinala que
"o terreo de Cabral participa de monte chan e nel se crían fermosas arboledas
que dan á campiña un aspecto fermoso e alegre". Gerardo Álvarez Limases, pola
súa parte, sinala que nesta parroquia se produce principalmente “millo e gando
vacún, que surte a Vigo de leite".

Na descripción se sinala que
"os seus montes principais son Cotogrande, Gorxal e Chan do Sino”, de pouca
importancia, e o cruzo do Lodoso.
O monte de O
Gorxal constitúe, xunto co de O Meixoeiro, unha masa forestal no límite da
parroquia de Lavadores.
Presentan unha alta ocupación industrial e de servicios e
as masas arbóreas son esencialmente eucaliptais.
|
No grupo do
monte de Cotogrande e outros inclúese a maior parte dos montes de Cabral,
cunhas 170 hectáreas de monte en man común. Unha característica
ambiental é que as masas forestais destes montes teñen a súa continuidade
nas parroquias de Vilar de Infesta en Redondela e Louredo, Dornelas e
Tameiga en Mos.
Nas ladeiras de Cotogrande hai dúas necrópolis megalíticas de importancia,
unha composta por dúas mámoas e a outra por tres. Os materiais localizados
nas excavacións, cerámica, puntas de frecha ou trozos de muíños están
depositados no Museo de Castrelos. |
 |

O Lagares
constitúe un fito fundamental nesta parroquia, pois nace na zona máis alta, nas
inmediacións do aeroporto de Peinador, na chamada Lagoa Mol e atravesa todo
Cabral no seu percorrido ata o mar. Aínda que durante moito tempo o seu cauce
foi moi mal tratado, convertíndose en zona de ubicación de numerosas industrias,
o Plano Especial de Recuperación do Lagares supuxo a rexeneración do seu cauce,
a limpeza dos leitos e o acondicionamento de paseos nas márxes. A Comunidade de
Montes de Cabral abordou tamén por iniciativa propia campañas para a
rexeneración do río, para o que contou co apoio da concellalía de Patrimonio
Histórico.
 |
 |
|
Nacemento do río
Lagares en Lagoa Mol |
Esta parroquia é unha das que
constituían o antigo Concello de Lavadores, xa que aínda que tiña a capital en
Pardavila a casa consistorial estaba en Santa Cristina. Nos anos trinta, a
parroquia contaba con 2.601 habitantes distribuídos en catro núcleos de
poboación: Becerreira, Carballal, Figueiras e Sello.
 |
|
O Carballal |
A igrexa foi
construída en 1447 e as súas festas principais son as adicadas á Virxe das
Dores, As Candelas, San Blas e Santa Mariña. O atrio da igrexa converteuse
nun dos centros de reunión e de celebración da parroquia, de aí que nel se
localice o palco da música.
Está
catalogada como rural, xa que presenta unha grande masa de terreo agrícola e
nembargantes non ten esta actividade coma principal medio de subsistencia,
senón que é unha actividade marxinal que implica ingresos complementarios.
Como
industrias só existían as adicadas á transformación de madeira e o principal
medio de comunicación, además de caminos estreitos, de pedra ou terra, eran
os tranvías de Vigo e Porriño.
No informe
realizado polo Concello sobre o medio rural en Vigo, sinálase que Cabral
presenta a súa mellor aptitude na zona do val ó longo do Lagares, e en
contacto con Lavadores, onde aparecen as zonas máis densamente poboadas.
Isto nunha parroquia con clara tendencia á dispersión pero que ten dous
eixos de actividade comercial, as avenidas de Ramón Nieto e A Ponte, onde se
abastece toda a parroquia. É un comercio pouco especializado, sendo
necesario un maior desenvolvemento do mesmo.
 |
|
A Ponte de Cabral |
Moi cerca do
nacemento do Lagares e ocupando terreos de Vigo na súa maior parte pero tamén de
Mos e Redondela, está o aeroporto de Peinador, que foi inaugurado o 25 de Abril
de 1954.

Patrimonio etnográfico
·
Vivenda.-
Na rúa Becerreira hai unha casa bloque apoiada sobre un terreo en pendente co
fin de evitar o tradicional piso-patín de acceso exterior. Supón unha
interesante utilización das lousas de pedra como material de construcción nunha
zona na que a pedra non é moi frecuente. O material condiciona a escaseza de
vans.
·
Lagar.- No
camiño de Alza localízase un interesante exemplar de lagar tradicional de pilón.
Pese a estar en desuso, conserva tódalas súas partes esenciais como son trabe,
fuso, penso, contrapenso, pilón de pedra, etc.
·
Cruceiro do Cemiterio.- Formado por un podium de tres gradas, columna estriada e
rematada nun capitel decorado con follas de acanto e volutas.
Na cruz só se
representa a figura dun Cristo de tres cravos acompañado dun anxo que lle
recolle o sange da ferida do costado. Destaca o tratamento do bulto redondo
conseguido separando a figura da cruz mediante un espacio aberto entre os brazos
e as pernas.
·
Hórreos.-
O Concello ten inventariados tres hórreos de interese especial fronte ós demáis
catalogados (casi un cento). Trátase do que está situado na Avenida de Santa
Mariña, 100. Un exemplar de cámara mixta montado sobre seis pés rematados cada
un pola súa moa. Aínda conserva a madeira do piso e os peches dos costados. En
Ámela localízase un hórreo de pedra montado sobre seis pés. Só ten madeira no
piso, na porta e na estructura que supera a cuberta. Aínda en uso, supera os cen
anos. O terceiro é un exemplar de cámara de madeira montado sobre seis pés
dereitos e aínda mantén o seu uso tradicional.
·
Fontes e lavadeiro.-
Dúas fontes e un lavadeiro con fonte de Cabral figuran catalogados como
elementos etnográficos de interese. No Camiño das Ánimas, unha fonte de mina de
auga excavada baixo terra e reforzada cunha galería estructurada con pedra ata a
entrada. Unha tella curva fai de improvisada boca. Na Rúa Gondarisco, unha fonte
tipo de "cabaliño" que presenta como boca unha pedra adosada a un pequeno
fronte, tamén de pedra. Por último, en Ámela hai un pilón de pedra de dúas
follas montado sobre unha fonte preexistente que o abastece. A rehabilitación
dos anos setenta dotouna dun peche de formigón, alicatado nalgún tramo e cunha
cuberta plana sobre pilotes.
·
Muíño do Buraco.-
Exemplar de muíño de canal disposto sobre o leito do río. Destaca a utilización
de muros de lousa de pedra, típico nas construccións dunha parroquia que non
contaba con canteiras no seu entorno.
·
Petos de Ánimas.- Na rúa das
Ánimas, en Caeiro, atópase un peto coa representación tradicional dunha
escea de purgatorio, na que algunas almas tratan de buscar a mediación da Virxe
do Carme.
Trátase dunha iconografía moi recorrida polos artistas populares, onde importa
máis a mensaxe que o modo de expresala.
|
En Carballal hai un
interesante conxunto formado por unha estructura pétrea incrustada nun
muro no que se destaca a estructura triangular con diversos grabados en
relieve e unha hornacina que acolle a representación nunha placa de xeso
un relieve no que aparecen diversos rostros entre as chamas do
purgatorio e encima a imaxe do Ecce Homo.
Iconografía moi apegada ó naturalismo efectista do barroco. |
 |

Dotacions e Equipamentos
Movimento asociativo.-
Cabral
é unha das parroquias máis activas en canto a movimento asociativo. Aínda
así, as súas actividades se concentran nos deportes e no ocio e máis nas
asociacións veciñáis. Estas últimas ocupan un lugar destacado no conxunto
municipal pola súa propia dinámica. A confluencia de catro asociacións
veciñáis nun mesmo territorio evidencia as discrepancias vividas no seu seo,
xa sexa pola organización interna das mesmas ou polo modo de articular as
reivindicacións dos seus habitantes. Á parte da existencia de bens naturais
e infraestructuras recreativas, destacan as agrupacións culturais e os
grupos de baile.
|
No panorama asociativo de Cabral merece especial atención a Xunta de Montes,
unha das primeiras que se constituíron en Vigo e que desenvolve unha
actividade moi dinámica que involucra ó resto dos colectivos da zona. |
 |
| |
Xunta de Montes |
Cabral conta co Centro de Educación Infantil "Caeiro", na
Rúa Gordiña.
CEIP "Santa Mariña", en Becerreira
CEIP "Carballal", en Freiría
CEIP "Sello", en Sello
Como centros de
Ensinanza Infantil, Primaria e Secundaria, privados-concertados, atopamos:
Marcote, na Avenida da Ponte, San Blas-Vista Alegre, tamén na Avenida da Ponte,
Martin Codax na Avenida do Aeroporto.
Como centros de
Ensinanza Secundaria, IES, está o Meixoeiro na Avenida de Madrid e Saladino
Cortizo como Centro de Educación Especial.
Pavillón Polideportivo
Loureiro, Campo de fútbol de Carballal, Campos de fútbol de Cotogrande.

Parque Forestal
de Bandeira (1,2 hectáreas), Zona arbolada de Gorxal (12 hectáreas), Montes de
Cotogrande (187 hectáreas), Alameda da Feira (0,50 hectáreas), Parques infantís
de Loureiro, Caeiro-Gorguiña e Freiría, Xardíns de Parada-Maceiriña.

Parque forestal
A Becerreira (nos montes de Cotogrande)
Con ámbito que abarca
Lavadores e Cabral, atópase na 1ª Travesía de Barreiro, en Lavadores, o Centro
de Saúde.
A poboación de Cabral é
atendida na Unidade Básica de Acción Social (UBAS) da zona de Lavadores, ubicada
na Rúa Martínez Garrido.
Segundo o
nomenclator oficial da Xunta de Galicia, a parroquia de Cabral conta cos
seguintes núcleos de poboación:
Alza, Amaro,
Ámela, Becerreira, Borralliños, Caeiro, Calvario, Carballal, O Casal, Cernades,
A Chan, Cotogrande, Feira, Figueiras, Fontiñas, Gondarisco, Gorxal, Grileira,
Igrexa, Lameira, Lomba, Loureiro, Maceiriña, Mancoña, Meixoeiro, Molares,
Nogueira, Parada, As patas, Pebidal, Peinador, A Penís, A Ponte, As Rans,
Remesil, Requeixo, Retorta Rinxela, Riomao, San Pedro, Sanín, O Sello, O Tanque,
As Valadas e Vesada.
 |